Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.206

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de xuño de 2000 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes afectados polo traspaso en materia de xestión de traballo, emprego e formación 6/1999, convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999.

Convocado o concurso 6/1999 pola orde desta consellería do 1 de decembro de 1999 (DOG nº 235, do 7 de decembro), e á vista da proposta de adxudicacións de vacantes ós participantes no concurso, elevada pola comisión de valoración de méritos, mediante acordo adoptado na sesión do 16 de maio de 2000, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 6/1999, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo os postos de traballo que se especifican nel, adxudicacións que son irrenunciables de conformidade coa base IV.4.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtiveran un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra a presente orde que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Relación de consellerías (correspóndense cos

dous primeiros caracteres do código do posto)

AG-Agricultura, Gandería e Polít. Agroalimentaria.

CU-Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED-Educación e Ordenación Universitaria.

EF-Economía e Facenda.

FA-Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC-Industria e Comercio.

MA-Medio Ambiente.

OT-Política Territ., Obras Públicas e Vivenda.

PE-Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR-Presidencia e Administración Pública.

SA-Sanidade e Servicios Sociais.

XU-Xustiza, Interior e Relacións Laborais.