Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.105

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 145/2000, do 2 de xuño, de modificación do Decreto 289/1999, do 14 de outubro, polo que se crea o Euro-Observatorio Galego.

A grande demanda existente desde a entrada en vigor do Euro-Observatorio Galego, así como a aproximación da aparición da nova moeda que vai afectar a tódolos cidadáns e que por tanto está creando numerosas inquietudes, fan necesaria unha reasignación de funcións e competencias de acordo cos principios de celeridade e eficacia que deben presidi-la actuación administrativa.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xuño de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Engádese un parágrafo ó artigo 2, do Decreto 289/1999, do 14 de outubro, polo que se crea o Euro-Observatorio Galego, que queda do seguinte modo:

«Cando algún membro non poida acudir, poderá ser substituído pola persoa que designe».

Artigo 2º

Modifícase o punto 2 do artigo 5, que queda redactado do seguinte modo:

«2. Cando algún membro da comisión executiva non poida acudir, poderá ser substituído pola persoa que designe».

Artigo 3º

Modifícase o artigo 5 para engadirlle o punto 3, que queda redactado do seguinte modo:

«3. A comisión executiva exercerá as funcións sinaladas nos números 1, 4, 6, 7, 8 do artigo 3º deste decreto».

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio