Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana para o trazado da nova variante Sar-A Ponte Pedriña, nos ámbitos: Plan especial de ordenación da estación de viaxeiros de Renfe (PE-11), PERI-7 da Ponte Pedriña.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 30 de marzo de 2000, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana para o trazado da nova variante Sar-A Ponte Pedriña, nos ámbitos: Plan especial de ordenación da estación de viaxeiros de Renfe (PE-11), PERI-7 da Ponte Pedriña, con resolución

das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 114, o día 20 de maio de 2000, o texto íntegro da normativa, obxecto de modificación.

A aprobación definitiva do plan, xunto coa aprobación polo Ministerio de Fomento do proxecto de trazado de variate Sar-A Ponte Pedriña, comporta a declaración de utilidade pública para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados polo trazado da variante.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde