Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva das modificacións dos PERIs dos Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, Outeiro e Vieiro.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 29 de setembro de 1999, aprobou definitivamente os expedientes de modificación puntual dos plans especiais de reforma interior (PERI) dos Concheiros-Cotaredo-San Lázaro e Outeiro. O Pleno do Concello, na sesión do día 28 de febreiro de 2000, aprobou definitivamente a modificación e adaptación do Plan especial de reforma interior (PERI) de Vieiro, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 116, o día 23 de maio de 2000, o texto íntegro da normativa, obxecto de modificación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde