Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 20 de marzo de 2000, aprobou inicialmente un expediente complementario da reparcelación da unidade de actuación de Sánchez Freire-Conxo de Arriba, co obxecto de determina-la indemnización dos prexuízos ocasionados pola actuación urbanística neste polígono ós herdeiros da arrendataria da vivenda existente no edificio número 39 da rúa de Conxo de Arriba.

En cumprimento do que dispón o artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio serviralles de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 121.1º da LSG, ós propietarios da parcela número 4 da reparcelación (herdeiros de Ramón Fernández Vázquez).

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde