Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

Aprobados primeiramente os pregos e as cláusulas económico-administrativas particulares que terán que rexer na contratación do equipamento do centro sociocultural-xuvenil e da terceira idade, pola Comisión de Goberno, na sesión do día 24 de maio, de conformidade co disposto no artigo 122.1º do RDL 781/1986 do 18 de abril, expoñense o público polo prazo de 8 dias laborables contados a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no BOP.

De conformidade co disposto no artigo 122.2º do mesmo texto legal anúnciase a contratación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Riotorto.

2. Obxecto do contrato.

Equipamento do centro sociocultural-xuvenil e da terceira idade de conformidade coa memoria aprobada polo concello.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento: 12.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

Concello de Riotorto.

Praza das Rodrigas nº 1.

27744 Riotorto.

Teléfono: 982 34 62 22.

Fax: 982 34 60 33.

7. Presentación de ofertas.

Quince días naturais contados desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP e DOG.

8. Documentación que hai que presentar.

Nas oficinas municipais, segundo modelo, pregos e tipo.

Riotorto, 30 de maio de 2000.

Xosé López Cabodevila

Alcalde