Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 10 do PXOU situado entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal.

A Comisión de Goberno, en sesión do 15-5-2000, prestou aprobación, con carácter inicial, ó Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 10 do PXOU situada entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal e formulado, mediante iniciativa particular, pola entidade mercantil Inversiones Playamar, Sociedade Limitada, redactado polos arquitectos Castro e Alonso, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG do 4-2-2000.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente no Servicio Municipal de Urbanismo Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos), e formularse as alegacións procedentes. Este anuncio de notificación serviralles tamén de notificación, ó abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directa

mente afectados, que poidan ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou porque tentada a notificación non se puido practicar.

Pontevedra, 22 de maio de 2000.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente