Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 119 do 26 de maio, aparece publicado o texto íntegro do acordo do pleno municipal do 13 de maio, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal, así como o contido da normativa urbanística do referido plan.

O que se fai público para os efectos oportunos, facendo constar que este acordo pon fin á vía administrativa e que, en contra del pódese interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante o pleno municipal, no prazo dun mes, como trámite previo ó contencioso-administrativo, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 52 da Lei 7/1985, 116 e 177 da Lei 4/1999 e 46 da Lei 29/1998 e demais lexislación concordante, sen prexuízo de que se poida utilizar calquera outro recurso que os interesados consideren pertinente.

Coa publicación deste anuncio no BOP de Ourense e no DOG, queda cumprida a esixencia do artigo 59.3º a) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

O Pereiro de Aguiar, 29 de maio de 2000.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde