Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA FONSAGRADA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno Municipal, na súa sesión do 27 de xaneiro de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións e resantes na rúa Segunda Ronda, no tramo comprendido entre as rúas A Fonte á E-630, promovido por instancia de Construciones Landeira y Burgué, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto José Ángel Santos Ferro.

Faise público para os efectos que se determinan no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

A Fonsagrada, 1 de febreiro de 2000.

Bertín Deza Fernández

Alcalde