Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 26 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notitficación da resolución recaída no expediente sancionador 71.4/1997, por infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente sancionador polos feitos sinalados, constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (en diante L.C.) e ó seu regulamento xeral para desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos Real decretos 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en diante R.C.).

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 26 de abril de 2000.

José Luis Díez Yañez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 71.4/1997.

Denunciada: Mercedes Gándara Otero.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: r/ Camiño de Bouciña, nº 29, Covelo-Samieira-Poio.

Feitos sancionados: construcción dun ático e pechamento dun porche.

Lugar: Camiño de Bouciña, nº 29, Covelo-Samieira.

Concello: Poio.

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da L.C; artigos 45.1º a), 46.1º e 48.1º do R.C. e DD.TT. cuarta 2 c) da L.C. e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), 91.2º e) e 97.1º b) da L.C. e artigos 74 c), 175.2º e) e 183 b) do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 1.198.225 ptas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da L.C. e 179.1º do R.C., o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa.