Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 24 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente 82.2/1994, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992 notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotor, a proposta de resolución que formula o instructor polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento (en adiante R.C.).

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do Real decreto 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que, no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos obrantes no expediente que coide oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 24 de abril de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 82.2/1994.

Denunciado/a: José Calvo Rosendo.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Sta. Cristina, nº 14, Sta. Cristina de Cobres-Vilaboa .

Data da proposta: 11-4-2000.

Feitos: construcción de estructura para vivenda unifamiliar.

Lugar: río Maior-Sta. Cristina de Cobres.

Concello: Vilaboa.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da L.C. e artigos 179.1º e 180 b) do R.C. proponse a imposición, a José Calvo Rosendo, na súa condición de promotor, dunha multa de duascentas catro mil duascentas corenta e unha pesetas (204.241 ptas.), que deberá aboar ingresando na conta número 2091-0388-90-3110001181 da oficina de Caixa Galicia en Pontevedra a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia, e que se lle ordene volve-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado; deberá realizalo no prazo dun mes desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia sobre o particular.