Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para a redacción de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 94/97-3 A.T.)

Instalacións: L.A.T. 380 kV subestación Castrelo de Miño-Pazos de Borbén (tramo II); Arnoia-Melón-Ribadavia.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Data, lugar e hora da convocatoria: 14 de xullo de 2000, na Casa do Concello de Melón, das 10 ás 10.30 horas, na Casa do Concello de Ribadavia, das 11.30 ás 12 horas e na Casa do Concello de Arnoia, das 13 ás 14 horas.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria do 2 de maio de 2000, foi autorizada e declarada de utilidade pública, a favor da citada entidade beneficiaria, a liña eléctrica de referencia, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos ben ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos de artigo 52 de Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF resolvo:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello onde están os predios, no día e horas indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se fará consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que figuran na relación que se publicou no DOG con data do 18-6-1999, no BOP de Ourense do 1-7-1999 e no xornal La Región do 9-6-1999, que se expón actualizada no taboleiro de edictos dos concellos de Arnoia, Melón, Ribadavia, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución;

se o consideran oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e un notario, á súa custa.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante, para os únicos efectos de emendar posibles erros que se padeceron ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 29 de maio de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense