Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-9/2000-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootias, regulada no Decreto do 4-2-1955.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Ramona Celia Fernández Álvarez e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Pontevedra, 5 de maio de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-9/2000-PO.

Denunciado: José Méndez Caramés.

Último enderezo coñecido: Toxa, Silleda.

Feito denunciado: oposición ó saneamento gandeiro.

Data do acordo de incoación: 24-1-2000.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 209.3º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento da Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 90.000 pesetas.