Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia denominado: «Adaptación e revisión das Normas Provinciais de Planeamento da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra».

1. Nome, enderezo, números de teléfono e fax do órgano de contratación.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dirección Xeral de Urbanismo.

Edificios administrativos da Xunta de Galicia.

San Caetano, s/n.

15704 Santiago de Compostela. A Coruña. España.

Teléfonos: 981 54 43 71 e 981 54 43 82.

Fax: 981 54 43 43 e 981 54 53 35.

2. Categoría de servicio e descrición (artigo 207 da Lei 13/1995, do 18 de maio). Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Asistencia técnica para execución do traballo de «Adaptación e revisión das Normas Provinciais de Planeamento da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra».

Procedemento: concurso aberto.

Clave: 00-13-ESUR.

Orzamento: 40.000.000 de ptas. (240.404,84 euros).

3. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia (España).

4. Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo de execución.

Trece (13) meses a partir da sinatura do contrato.

6.a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente.

Ver punto 1 deste anuncio.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude.

Ata o día 10 de xullo de 2000.

7.a) Data límite para a presentación de ofertas.

Ata o día 13 de xullo de 2000.

b) Enderezo ó que deberán enviarse.

Ver punto 1 deste anuncio.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse.

Castelán ou galego.

8.a) Persoas admitidas para asistiren á apertura de plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 19 de xullo de 2000 ás 10 horas.

9. Garantías esixidas.

Fianza provisional: 800.000 ptas. (4.808,10 euros).

10. Modalidade de pagamento.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato.

Escritura pública.

12. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

a) A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras (artigo 16.1º a) da LCAP).

b) A solvencia técnica e profesional acreditarase, de acordo co artigo 19 da LCPA, mediante presentación dos seguintes documentos:

-Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica. É condición indispensable que no equipo multidisciplinar figure como director del un arquitecto superior ou un enxeñeiro de camiños, canles e portos.

13. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta.

Tres (3) meses desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

14. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Os gastos deste anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

16. Data de envío do anuncio.

O 18 de maio de 2000.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda