Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia denominado: «Redacción das directrices de Ordenación do Territorio de Galicia».

1. Nome, enderezo, números de teléfono e fax do órgano de contratación.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dirección Xeral de Urbanismo.

Edificios administrativos da Xunta de Galicia.

San Caetano, s/n.

15704 Santiago de Compostela. A Coruña. España.

Teléfonos: 981 54 43 70 e 981 54 43 82.

Fax: 981 54 53 35 e 981 54 43 43.

2. Categoría de servicio e descrición (artigo 207 da Lei 13/1995, do 18 de maio). Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Asistencia técnica para execución do traballo de «Redacción das directrices de Ordenación do Territorio de Galicia».

Procedemento: concurso aberto.

Clave: 00-14-ESUR.

Orzamento: 200.000.000 de ptas. (1.202.024,21 euros).

3. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia (España).

4. Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo de execución.

Vintecatro (24) meses a partir da sinatura do contrato.

6.a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente.

Ver punto 1 deste anuncio.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude.

Ata o día 10 de xullo de 2000.

7.a) Data límite para a presentación de ofertas.

Ata o 11 de xullo de 2000.

b) Enderezo ó que deberán enviarse.

Ver punto 1 deste anuncio.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse.

Castelán ou galego.

8.a) Persoas admitidas para asistiren á apertura de plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 18 de xullo de 2000 ás 10 horas.

9. Garantías esixidas.

Fianza provisional: 4.000.000 de ptas. (24.040,48 euros).

10. Modalidade de pagamento.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato.

Escritura pública.

12. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

a) A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras (artigo 16.1º a) da LCAP).

b) A solvencia técnica e profesional acreditarase, de acordo co artigo 19 da LCPA, mediante presentación dos seguintes documentos:

-Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica. É condición indispensable que no equipo multidisciplinar figuren, alomenos, os seguintes profesionais:

1 Arquitecto superior.

1 Enxeñeiro de camiños, canles e portos.

1 Enxeñeiro agrónomo.

1 Licenciado en ciencias económicas.

1 Licenciado en xeografía.

1 Licenciado en dereito.

1 Biólogo.

1 Sociólogo.

13. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta.

Tres (3) meses desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

14. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Os gastos deste anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

16. Data de envío do anuncio.

18 de maio de 2000.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda