Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.939

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VILALBA

EDICTO (24/1993).

En virtude do acordado en resolución desta data, dictada no expediente de xurisdicción voluntaria nº 24/1993, sobre declaración de herdeiros ab intestato, seguido no Xulgado de Primeira Instancia número dous de Vilalba, promovido polo procurador Álvaro Mosquero Bouza en nome de Francisco Álvarez Otero (sobriño do causante), por falecemento de Manuel Otero Rey, fillo de Manuel Otero Fernández e Benita Rey Penebad (os cales morreran antes del), naceu o día 3-4-1910 nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), faleceu en Miami (EE.UU.) o día 3 de xullo de 1992, ós 82 anos de idade, viúvo de Mª Josefa Cuadrado Martínez, sen descendencia ningunha, e sen outorgar testamento; o seu domicilio antes de marchar para alén do mar era en Muras (Lugo), lugar onde residía o seu pai; no momento do seu falecemento os parentes máis próximos do causante eran: a súa irmá de dobre vínculo Alejandra Otero Rey, os seus sobriños Carlos Otero Pernas e Basilio Otero Pernas; os seus irmáns de vínculo sinxelo

Antonia Otero García, Antonio Otero García e Maximino Otero García. Chámase por medio deste edicto a cantas persoas se crean con igual ou mellor dereito á herdanza, para que, dentro do prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto, comparezan ante este xulgado e o reclamen.

E para que lles sirva de citación ás persoas anteriormente referenciadas, expido este edicto en Vilalba o 20 de xaneiro de 2000.

O/A secretario/a

Rubricado