Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de estatutos e bases para a constitución e o funcionamento da xunta de compensación da U.E. IV-10 Ramón Nieto, 4. (Expediente 4211/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 18 de maio de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases para a constitución e o funcionamento da xunta de compensación da U.E. IV-10 Ramón Nieto, 4, presentado con data do 29 de marzo de 2000 no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo por propietarios do devandito polígono, constituídos en comisión xestora.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, unha vez rectificadas pola comisión xestora as observacións contidas no acordo de aprobación inicial, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 26 de maio de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo