Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria. (Expediente 4621/2000 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de asistencia médica e pediátrica no Fogar Infantil Emilio Romay.

Lugar de execución: Fogar Infantil Emilio Romay.

Prazo de execución: 2 anos contados a partir do 1 de xullo de 2000. Rematará o 30 de xuño de 2002.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 7.920.000 pesetas, IVE incluído=47.600,16 euros, que se desagrega do seguinte modo:

AnualidadesOrzamento ptas.Orzamento ptas.

20001.980.00011.900,04

20013.960.00023.800,08

20021.980.00011.900,04

Total7.920.00047.600,16

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 23 de maio de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña