Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disposto na LCAP anúnciase o concurso, con procedemento aberto e de tramitación urxente, da obra incluída no Plan porvincial de obras e servicios da deputación provincial, conforme ó prego tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado polo pleno da deputación provincial, opción B, na sesión que tivo lugar o día 30 de marzo de 2000 e publicados no BOP número 77, do 3 de abril.

1. Obxecto e tipo de licitación. Adxudicación das obras incluídas nos proyectos de obra seguintes:

Denominación: travesía corredoira Bembibre 1-F.

Tipo de licitación: 18.543.638.

2. Prazo de execución. O prazo de execución será de seis meses contado a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Fianza provisional. Non se fixa por tratarse de obra de contía inferior á sinalada no primeiro parágrafo do artigo 135.1º da LCAP.

4. Fianza definitiva. Fíxase no 4% do prezo da adxudicación.

5. Clasificación do contratista. Non se esixe.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións. No rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados desde a última publicación no BOP ou DOG. Se o último día natural coincidise en sábado, o prazo trasladarase ó día seguinte hábil.

7. Apertura de proposicións. Terá lugar ás 12 horas do décimo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, no salón de sesións da casa do concello. Se coincidise en sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

8. Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego. Secretaría.

9. Modelo de proposición e documentación. As proposicións presentaranse en tres sobres: A, B e C.

-Sobre A: subtitulado Oferta Económica, conterá a proposta económica formulada estrictamente conforme o seguinte modelo: D....., con domicilio en....., rúa....., nº....., teléfono....., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº....., actuando en nome propio (ou en representación de....., DNI ou CIF nº..... e con domicilio en....., rúa....., nº....., teléfono.....), toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de....., para o que se fai constar: 1) Que ofrece o prezo de..... (IVE incluído), que significa unha baixa de..... pesetas, en relación co tipo de licitación. 2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato. 3) Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En.....o..... de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).

-Sobre B: subtitulado Documentación, conterá a documentación especificada nos pregos.

-Sobre C: subtitulado Referencias Técnicas, conterá a documentación especificada nos pregos.

Val do Dubra, 7 de maio de 2000.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde