Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000 pola que se anuncia a construcción e xestión do aparcadoiro na Choupana, en Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: é a redacción do proxecto básico e de execución, construcción e xestión dun

aparcadoiro subterráneo público para o estacionamento de vehículos na Choupana, no espacio delimitado para tal efecto no polígono 2 do SUP 5. Tamén incluirá a construcción dos accesos provisionais que posibiliten a súa entrada en funcionamento, así como o acondicionamento da zona verde deportiva en superficie.

Duración da concesión: o prazo da concesión establécese en cincuenta anos contados a partir do inicio da prestación do servicio.

Clasificación do contratista: para a execución das obras esíxese a seguinte clasificación: grupo C, categoría f.

Prazo de execución das obras: 12 meses contados desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Canon: será proposto na súa oferta económica por cada licitador, sen que poida ser inferior a 2.000 pesetas ano/praza (12,02 euros).

Tarefas: os licitadores proporán un cadro de tarefas, con indicación do prezo por media hora, hora, fracción, día completo e abono mensual. Así mesmo, indicarase o importe das tarefas bonificadas e prezos das prazas en réxime de cesión.

Procedemento e forma de adxudicación: o contrato adxudicarase por concurso por procedemento aberto.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de 26 días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 26.6º do prego de cláusulas económico-administrativas.

Garantías:

Provisional: 1.000.000 de ptas.

Definitiva: pola xestión do aparcadoiro: 15.000.000 de ptas.

Pola execución das obras: 4% do orzamento das obras.

Documentación: información e documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93. Santiago de Compostela.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (Secretaría) ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D....., con domicilio en....., rúa....., nº....., teléfono....., con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº....., actuando en nome propio (ou en representación de....., DNI ou CIF nº..... e domicilio en....., participa no concurso, por procedemento

aberto, para a adxudicación da construcción e xestión do aparcadoiro na Choupana, en Santiago de Compostela, e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de:

Canon:.....

Tarefas:.....

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En...., o..... de.... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2000.

Luis Tojo Ramallo

Tenente alcalde