Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (110/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 18 de maio de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de José Costa Prieto en representación de Elca OR, S.L., o proxecto de urbanización da zona 10 B2 do SU-20 do PXOU de Ourense, coas condicións técnicas fixadas polo Servicio de Enxeñería no seu informe do 31 de marzo de 2000, e da Concellería de Medio Ambiente no seu informe do 4 de maio de 2000, logo de constitución de garantía polo importe de 22.500.000 pesetas (vintedous millóns cincocentas mil pesetas), para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a expropiación pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de maio de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde