Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: explotación da prestación do servicio municipal de axuda no fogar, que se prestará a persoas que atravesan circunstancias especiais, tales como limitación da súa autonomía persoal ou desintegración familiar.

Tipo de licitación: a empresa percibirá a cantidade de 1.085 ptas./hora (6,52 euros/hora), IVE incluído, tal e como vén establecido o Regulamento municipal do servicio de axuda no fogar, garantíndolle o concello de Santiago de Compostela ó adxudicatario uns ingresos mínimos anuais de 12.000.000 de ptas. (72.121,4 euros), IVE incluído; a cantidade máxima anual que se vai percibir é a de 21.000.000 de ptas. (126.212,5 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será dun ano que se contará a partir do día da súa formalización. Este prazo poderá prorrogarse ata un máximo de catro anos.

Clasificación do contratista: III, 8, A.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de 15 días naturais que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación - Servicios). Telf.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os que seguen, enumerados por orde decrecente de importancia para os efectos de cualifica-las ofertas:

Mellor programa de prestación do servicio: ata 15 puntos.

Maior experiencia na prestación de servicios de índole similar: ata 10 puntos.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación, que poderá constituírse en forma de retención de parte do prezo.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións:

Modelo de proposición:

D/Dona....., con domicilio en..... e DNI nº...., actuando en nome propio ou en representación de....., con domicilio en....., toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a prestación do servicio de axuda no fogar, e fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económico-administrativas e que se compromete a realiza-lo dito traballo de acordo co devandito prego e polo prezo que nel se sinala.

O licitador:

Neste contrato enténdese que os contratistas, ó formularen as súas propostas económicas, incluíron o importe do IVE.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

Luis Tojo Ramallo

Tenente alcalde