Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 344SA/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e ó seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Con

sellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pra a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 9 de maio de 2000.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 0344SA/1999.

Denunciado: Núñez Méndez, Carlos.

DNI: 32.380.158.

Último enderezo coñecido: Gramela, nº 1, S. Pedro de Visma (A Coruña).

Feito denunciado: os veterinarios dependentes do Serv. de P. e Sanidade Animal denuncian que, despois de ser informado insistentemente da necesidade de que con data do 28-10-1999 tivese o gando recollido na corte para realiza-la lectura da proba da tuberculina, non había ninguén na explotación e ademais o gando estaba solto.

Tipificación da infracción. Regulamento epizootias: 1 e 11 da Lei do 10-12-1952 e do Art. 8.4º da Orde do 4-4-1997 en relacion co Art. 209 do mesmo regulamento.

Sanción proposta: 100.000 ptas.