Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias 133SA e 326SA/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e máis do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 9 de maio de 2000.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 133SA/1999.

Denunciado: Souto Vázquez, Manuel.

DNI: 32.765.763-D.

Último enderezo coñecido: Pedro Monteagudo, 3. Arteixo-A Coruña.

Feito denunciado: o Seprona de Vilasantar denuncia que transportaba no Renault 21 matrícula C-4629-AM, 3 animais porcinos, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando vivo no Serv. de P. e Sanidade Animal desta consellería, e tamén da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo.

Tipificación da infracción. Regulamento epizootias: 52 do Regulamento de epizootias e o artigo 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co 224 do mesmo regulamento. Artigo 169 do Regulamento de epizootias e o 12 do Decreto 355/1994 en relación co 217.3º do mesmo regulamento.

Sanción proposta: 20.000 ptas.

Expediente: 326SA/1999.

Denunciado: Rey Veiga, José.

Último enderezo coñecido: Sedofeito-San Xusto. Lousame-(A Coruña).

Feito denunciado: os veterinarios dependentes do Serv. de P. e Sanidade Animal denuncian que se negou á realización da campaña de saneamento gandeiro na súa explotación.

Tipificación da infracción. Regulamento epizootias: 11 da Lei de epizootias e artigo 8.4º da Orde do 4-4-1997 en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 50.000 ptas.