Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato do servicio integral de limpeza da totalidade das instalacións docentes, administrativas e deportivas do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña).

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Servicio integral de limpeza da totalidade das instalacións docentes, administrativas e deportivas do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: dous anos, prorrogables, nas condicións que sinala o prego do clásulas administrativas particulares.

b) O orzamento base de licitación ascende a vinteoito millóns oitocentas mil pesetas (28.800.000 ptas.).

Anualidade de 2000: 7.200.000 ptas.

Anualidade de 2001: 14.200.000 ptas.

Anualidade de 2002: 7.200.000 ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo III; subgrupo: 6; categoría: A.

d) Garantía provisional: cincocentas setenta e seis mil pesetas (576.000 ptas.).

3. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

4. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do oitavo (8) día natural posterior ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no rexistro xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre A (Documentación administrativa), quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890-Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

5. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890-Santiago de Compostela).

6. Gastos de anuncios.

Será por cargo do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte