Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.852

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (398/1998).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela o 7 de abril de 2000. Vistos por Mª Fe López Juiz, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, estes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o número 398 de 1999, entre partes, dunha como demandante Maximino García Botana, actuando en beneficio da sociedade legal de gananciais, coa súa esposa, Manuela Blanco Rial, representada en autos polo procurador Benjamín Victorino Regueiro Muñoz, baixo a dirección do letrado Evaristo Nogueira Romero, e doutra, como demandados, María del Carmen Varela Otero, José Costoya Varela e Sonia Costoya Varela, representados en autos pola procuradora María Pérez Otero, baixo a dirección do letrado César Rúa Martínez, sobre indemnización de danos e perdas e outros extremos.

Resolvo que, estimando parcialmente a demanda presentada, condeno a María del Carmen Varela Otero, José Costoya Varela e Sonia Costoya Varela a que procedan a finaliza-las obras do edificio dos pisos esquerda, dereita e soto do edificio nº 20 da rúa da Queimada de Santiago de Compostela, consistentes en obras no tellado, escaleiras co seu pasamáns e fachada, rematando a totalidade das obras dos inmobles referidos por determinar na execución da sentencia.

Outorguen as escrituras públicas de compravenda dos pisos: soto, pisos primeiro dereita e esquerda da casa nº 20 da rúa da Queimada, sinalándose día, hora e notario autorizante en execución de sentencia, e entreguen as licencias municipais que acrediten a ocupación legal dos inmobles.

Que lle aboen a Maximino García Botana a contía de 876.330 pesetas por reparacións urxentes nos pisos litixiosos, sen imposición de custas.

Desestímase a reconvención e sen prexuízo de reservar para si accións civís correspondentes para poder reclama-la parte do prezo pendente. Impóñenselles ós reconvenientes as custas causadas pola reconvención. Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Asinado: ilexible».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Sonia Costoya Varela, redáctase ésta para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

O/a secretario/a

Rubricado