Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E.IV-04 Ramón Nieto, 1 (expediente 4161/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 18 de maio de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.E.IV-04 Ramón Nieto, 1 (expediente 4161/401), presentado pola entidade Edificaciones y Desarrollos Galaicos, S.A. redactado polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado con datas de visado do COAG do 11 de xuño, 17 de setembro e 15 de novembro de 1999, e cun orzamento de execución material de 19.819.093 pesetas. Isto coas precisións feitas no informe técnico do 26 de outubro de 1999, e sinaladamente as que seguen:

-A canalización de gas discorrerá preferentemente pola beirarrúa, debendo sinalarse claramente en superficie a traza mediante placas indicativas, as cales deberán indica-la traza de rede e os cambios de dirección. A interdistancia entre placas non deberá superar en ningún caso os 25 metros. Manter en perfecto estado o dito sistema de sinalización formará parte do programa de mantemento, vixilancia, inspección e control.

-Os edificios deberán dispoñer dun local para a instalación dos contadores de gas. Así mesmo, deberán incorpora-las conduccións necesarias desde a acometida á rede xeral, ata o cadro de contadores. Tanto as dimensións do local de contadores como a seccción das conduccións de gas deberán estar suficientemente xustificadas.

-Deberán comunicarlle ó servicio municipal de Diversificación e Aforro o inicio das obras de canalización da rede de gas, así como o inicio das obras de iluminación pública.

-A localización exacta dos dez puntos de luz será definida conxuntamente cos técnicos municipais no replanteo previo á execución da instalación.

-Sempre deberán existir arquetas nos cambios de dirección e cruzamentos de calzada.

-Os puntos de luz que sexan retirados por motivos das obras que se van realizar deberán ser substituídos por outros provisionais, salvo que os técnicos municipais non o consideren necesario.

A eficacia deste acordo de aprobación definitiva queda suxeita á condición suspensiva, consistente na prestación de aval polo 100% do orzamento de execución material (19.819.093 pesetas); este acordo de aprobación definitiva non producirá efectos mentres o aval non sexa constituído.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición, ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

De conformidade co artigo 59 de Lei 30/1992, de 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 31 de maio de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo