Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación de unidade reparcelable en parcelas do IGVS no polígono 35 do PERI Calvario, e proxecto de reparcelación (expedientes 4197/401 e 4206/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 27 de abril de 2000, adoptou o seguinte acordo:

-Aprobar inicialmente a delimitación da unidade reparcelable de ámbito descontínuo constituída polas parcelas A, E, R e V, do polígono 35 do PERI do Calvario (expediente 4197/401), aceptando a solicitude formulada o 2 de febreiro de 2000 polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

-Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación da devandita unidade reparcelable (expediente 4206/401) redactado polos servicios técnicos municipais.

Sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 9 de maio de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo