Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por esta alcaldía o 29-5-2000 o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso por procecemento aberto (tramitación urxente), da obra que no punto 2 se indica, exponse ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente, anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: alcaldía. Dependencia: secretaría.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: acceso ó barrio da igrexa desde a escola, en Forcadela: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma:concurso.

4. Orzamento da licitación e criterios de selección. 10.491.908 pesetas (non se admiten baixas) e os criterios sinalados no prego.

5. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 419.677 pesetas.

6. Obtención da documentación e información: secretaria do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño. Teléfono: 986 62 20 01. Fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presenación das ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas: nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes ó da data da apertura da documentación xeral dos sobres B e anunciarse polo menos 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

11. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Tomiño, 29 de maio de 2000.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde