Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 19 de maio de 2000, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de acceso ós núcleos: continuación de Vilaouruz, Ribadueiro (Vilaboa) e a continuación de Eirexúa.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: acceso ós núcleos: continuación de Vilaouruz, Ribadueiro (Vilaboa) e a continuación de Eirexúa.

Lugar de execución: Concello da Pontenova.

Prazo de execución: tres meses.

Orzamento de licitación: 8.760.000 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisional 175.200 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

A Pontenova, 24 de maio de 2000.

Enrique Fernández González

Alcalde