Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para aluguer dunha nave ou local para vehículos e brigadas da deputación.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para o concurso de aluguer dunha nave ou local para vehículos e brigadas da deputación, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sabados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e os demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que

o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 29 de maio de 2000.

O presidente

Rubricado