Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 320 e 322/2000.

Ó non ser atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente previo á resolución; transcorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que coiden oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña,

todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 320/2000.

Acta Inf. nº 286/00.

Empresa: Villaquil, S.L.

NIF/DNI: B-15.654.262.

Enderezo: Lg. Vilabuil-Castrofeito, 5, O Piño (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Publicación no BOP do 27-3-2000 e no taboleiro de edictos do concello o 11-4-2000.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

Expediente: 322/2000.

Acta Inf. nº 307/00.

Empresa: Villaquil, S.L.

NIF/DNI: B-15.654.262.

Enderezo: Lg. Vilabuil-Castrofeito, 5, O Piño (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Publicación no BOP do 27-3-2000 e no taboleiro de edictos do concello o 11-4-2000.

Proposta de sanción: 251.000 ptas.

A Coruña, 22 de maio de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña