Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coiden pertinentes ante a instructora do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 22 de maio de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 56/2000.

Denunciado: Ramiro Fonte Peña.

DNI/CIF: 76.405.786.

Enderezo: r/ Real, nº 1-Pontedeume.

Establecemento: Coliseum.

Precepto infrinxido: 26-e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Sanción: 40.000 ptas.