Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial nº 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, Urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 22 de maio de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

Denunciado

DNI/CIF

Enderezo

Establecemento

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

170/99Emilio Piedra López45.427.713Lugar de Pousa, Iria-PadrónClub Caribe23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

60.000

177/99Emilio Piedra López45.427.713Lugar de Pousa, Iria-PadrónClub Caribe23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

75.000

271/99María del Carmen Valiño García44.814.076R/ Concheiros nº 64-3º, Santiago de CompostelaMaría Antonia23 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

281/99Juan Luis García Arteaga16.537.313Avda. Xeneral Galfarza nº 10-1º Esq., Logroño (A Rioxa)Café bar Roel26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

10.000

307/99Juan Luis García Arteaga16.537.313Avda. Xeneral Galfarza nº 10-1º Esq., Logroño (A Rioxa)Café bar Roel23 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Caducidade

405/99Enrique Domínguez Veloso e Emilio Suárez de Ron32.341.421 e

32.811.070

R/ Juan Flórez nº 44-3º (A Coruña)Discoteca Lolita26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Sobreser

20/2000Ramiro Fonte Peña76.405.786R/ Real nº 1, PontedeumeDiscoteca Coliseum26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

30.000