Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de maio de 2000, no que se adxudican provisionalmente dúas emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais de Carral (A Coruña) e Vedra (A Coruña).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 5 de maio de 2000, relativo á adxudicación provisional de dúas emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais de Carral (A Coruña) e Vedra (A Coruña), resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesións de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidade. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 5 de maio de 2000, polo que se adxudican provisionalmente dúas emisoras de radiodifusión sonora para a súa explotación polos respectivos concellos, texto que figura no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Rosanna López Salgueiro

Directora xeral de Comunicación Social

e Audiovisual

Anexo á Resolución do 23 de maio de 2000.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de maio de dous mil adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras

municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto), modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, acorda adxudicarlles, con carácter provisional, a explotación de dúas emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ós concellos que se relaciona no anexo, con expresión das características que corresponden a cada unha das emisoras.

O outorgamento das concesións, que habilitará para a posta en funcionamento das correspondentes emisoras, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución deste acordo, de conformidade coas funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.».

Anexo do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de maio de 2000, polo que se adxudican provisionalmente dúas emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, para a súa explotación polas corporacións locais.

Provincia: C. Concello: Carral. F (Mhz): 102.2.

Lonxitude: 8W2117. Latitude: 43N1351. Cota: 140.

HEFM: 37.5. PRAW: 50. P: M. D: N. Sector: -.

Provincia: C. Concello: Vedra. F (Mhz): 107.4.

Lonxitude: 8W2854. Latitude: 42N4635. Cota: 167.

HEFM: 37.5. PRAW: 50. P: M. D: N. Sector: -.