Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 395, 509 (I) e 542/1999.

Ó non seren atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo no artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador e informalos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 395/1999.

Acta nº: 870/99.

Titular: Oscarma, S.L.

NIF/DNI: B-15.564.925.

Enderezo: San Xoán-Vista Alegre, 4-4º D, Santiago de Compostela.

Materia: S.H.

Data Res.: 21-3-2000.

Sanción: 500.200 ptas.

Expediente nº: 509/1999.

Acta nº: 1073/99 (I).

Titular: Construcciones Brigantina, S.L.

NIF/DNI: B-15.066.137.

Enderezo: Travesía de Cervantes, 5, Betanzos.

Materia: S.H.

Data Res.: 16-3-2000.

Sanción: 250.100 ptas.

Expediente nº: 542/1999.

Acta nº: 1196/99.

Titular: Construcciones Raxedoira, S.L.

NIF/DNI: B-15.565.476.

Enderezo: As Cancelas, 42, Santiago de Compostela.

Materia: S.H.

Data Res.: 22-2-2000.

Sanción: 1.000.400 ptas.

A Coruña, 22 de maio de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña