Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.738

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Ferroatlántica, S.L., fábricas de Cee-Dumbría e centrais eléctricas.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Ferroatlántica, S.L., fábricas de Cee-Dumbría e centrais eléctricas (código 1501322) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-2-2000,

subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 21-2-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de abril de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

VI Convenio da empresa Ferroatlántica, S.L.

2000-2001-2002

Capítulo I

Extipulacións xerais

1.1. Ámbito.

O presente convenio regulará a partir da súa entrada en vigor, as relacións laborais da empresa Ferroatlántica, S.L., nas factorías de Cee-Dumbría e centrais eléctricas e afecta a tódolos seus traballadores no dito centro.

Todo o que non estea reflectido no presente convenio, rexerase pola lexislación vixente do sector.

1.2. Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2000 e caducará o 31 de decembro de 2002.

Transcorrido o período de vixencia seguirán aplicándose tódalas cláusulas co mesmo alcance e contido con que foron pactadas ata que se aprobe e entre en vigor o novo convenio.

1.3. Denuncia.

Considerarase por ámbalas partes denunciado en tempo e forma na data do seu vencemento.

1.4. Respecto ós dereitos adquiridos.

Respectaranse as situacións persoais que no seu conxunto sexan máis beneficiosas cás estipuladas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Independentemente de que existan outros conceptos, considéranse condicións ad personam para o persoal fixo no cadro o 31-12-1992 como dereitos adquiridos en compensación de situacións anteriores a esa data, os seguintes puntos:

-Bolsa de vacacións (capítulo II número 2.2).

-Complemento compensación (capítulo III, número 3.3).

-Complemento posto de traballo Fca. Dumbría (capítulo III, número 3.4).

-Complemento por baixa (capítulo V, número 5.2).

-Axudas especiais (capítulo V, número 5.7).

-Lote de Nadal (capítulo V, número 5.8).

-Axuda material escolar (capítulo V, número 5.9).

1.5. Comisión mixta.

Estará composta por dous representantes do actual comité de empresa e dous representantes da empresa.

As súas funcións serán as de velar polo cumprimento das estipulacións contidas no presente convenio e clarificar cantas dúbidas que ó respecto poidan xurdir.

Pola empresa:

Carlos Oliete Fernández.

Perfecto R. Trillo Trillo.

Polo comité:

Juan L. Mouzo Lago.

Francisco Javier Paz Regueira.

Capítulo II

Réxime e condicións de traballo

2.1. Xornada de traballo.

Para 2000, 2001, 2002 a xornada será de 40 horas semanais, equivalentes como máximo a 1.752 horas anuais.

Para o persoal técnico-administrativo, consideraranse festivos non recuperables tres días ó ano, dous dos cales serán o 24 e 31 de decembro sempre que non coincidan en sábado ou domingo.

2.2. Vacacións.

Establécense 22 días laborais de vacacións ó ano, podendo fraccionarse en dous períodos como máximo.

O período de desfrute destas fixarase de común acordo entre os traballadores e a dirección da empresa en función da actividade productiva.

O traballador coñecerá as datas que lle correspondan un mes antes, polo menos, do comezo do desfrute.

Os días de vacacións serán retribuídos conforme a media obtida polo traballador (salario, antigüidade e complementos que correspondan) nos tres últimos meses traballados con anterioridade á data de inicio destas. Ó persoal de quendas incluiráselle ademais

un día e medio de complemento festivo ó remate das vacacións.

Os traballadores que por necesidade de producción non poidan desfruta-las vacacións nos meses de xullo, agosto ou setembro percibirán un complemento de vacacións para 2000 de 6.053 ptas. ppor día de vacacións, que serán aboadas no mesmo mes en que se desfruten.

2.3. Licencias retribuídas.

A tódolos traballadores que o soliciten e logo de xustificación da súa necesidade seralles concedida licencia sen perda de retribución polos seguintes motivos:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Por matrimonio de fillos e irmáns: 1 día.

c) Por parto de esposa: 3 días naturais, que se ampliarán a 2 máis cando o parto non sexa no hospital comarcal de Cee.

d) Por enfermidade grave de pais, avós, fillos, e cónxuxe; pais, avós e fillos políticos: 2 días naturais que poderán ampliarse ata 3 máis cando o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, debendo xustificarse a gravidade e o tempo de ausencia.

e) Por morte de pais, avós, fillos, irmáns, netos, cónxuxe; pais, avós, fillos e irmáns políticos: 3 días naturais que poderán ampliarse ata 2 máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

f) Por morte de primos, tíos e sobriños en primeiro grao: 1 día.

g) Por traslado de domicilio habitual: 1 día.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal.

i) Polo tempo necesario para consulta médica de especialista logo de coñecemento do servicio médico da empresa.

2.4. Permisos.

Os traballadores inscritos en cursos organizados en centros oficiais ou recoñecidos polo Ministerio de Educación e Ciencia ou Traballo para a obtención dun título académico a teor da Lei xeral de educación, teñen dereito nos termos que se establecen:

a) Os permisos polo tempo necesario para concorrer a exames finais e demais probas de aptitude, avaliación ou trimestrais, sen alteración nin diminución ningunha dos seus dereitos laborais, nin das retribucións que por calquera concepto viñese percibindo.

b) A presta-los seus servicios no caso de que asistan ós cursos que se sinalan anteriormente e na empresa haxa varias quendas de traballo, naquel que mellor facilite o cumprimento das súas obrigas escolares.

2.5. Promoción do persoal.

A promoción do persoal suxeitarase ó réxime seguinte:

Ás categorías que impliquen funcións de mando ou confianza, tales como: técnicos titulados, contramestres, encargados, capataces, xefes administrativos, gardas xurados, etc., serán de libre designación pola empresa.

Cando exista unha vacante para cubrir nas categorías de oficiais administrativos ou obreiros, anunciarase no taboleiro de anuncios a existencia das ditas vacantes e a convocatoria ás probas de aptitude que correspondan.

Ás probas poderá presentarse todo o persoal que así o desexe e que sexa de categoría inmediata inferior. A dirección confeccionará os programas necesarios sobre os temas e materias que sexan materia de exame nas probas cualificatorias, que serán sometidas a coñecemento e suxestións do comité de empresa antes da súa fixación definitiva.

A comisión examinadora estará composta por catro membros: dous serán elixidos polo comité de empresa e outros dous serán elixidos pola dirección.

En igualdade de resultados nas probas de cualificación daráselle preferencia para ocupa-la praza ó candidato con maios antigüidade na empresa.

Para o resto das categorías profesionais os ascensos produciranse dentro das vacantes existentes tendo en conta a formación, méritos e antigüidade do traballador, todo isto sen prexuízo das facultades organizativas da empresa.

Co fin de promociona-lo emprego xuvenil, contrataranse durante os tres meses de verán, ós oito alumnos de FP-2 que ó final de curso obtiveran as mellores notas nas ramas de electricidade, motores, mecánica, secretariado, no centro de formación profesional de Cee. En caso de que non se cubran as prazas poderán ser substituídos por fillos de productores con estudios adecuados.

Para estes alumnos queda fixado o salario para 2000 en 157.681 ptas., brutas mensuais para os mecánicos-electricistas, e 142.975 ptas., brutas mensuais para os administrativos.

2.6. Roupa de traballo.

Será de aplicación a normativa de réxime interno, emitida polo comité de seguridade e saúde.

A calidade da roupa será revisada polo comité de seguridade e saúde.

Capítulo III

Conceptos retributivos

3.1. Salario base.

O salario base para cada categoría profesional será incrementado nun 3% no ano 2000, para o 2001 incrementarase no IPC previsto máis 1%, no 2002 incrementarase no IPC previsto máis 1%, e servirá

de base para o cálculo dos complementos de antigüidade, nocturnidade, etc.

3.2. Antigüidade.

Computarase a razón do 5% por cada quinquenio vencido, calculado sobre o salario base de cada categoría.

3.3. Complemento de compensación.

Este complemento aboaráselle a todo o persoal con contrato de traballo en vigor con anterioridade ó 1-12-1992.

Este complemento, que será de carácter individual, foi creado para compensa-la supresión dos antigos beneficios sociais de que desfrutaba individualmente cada traballador do cadro de persoal (economato, préstamos, apartamentos, etc.).

Este complemento será para 2000 de 62.760 ptas. brutas mensuais e non poderá ser absorbido nin compensado pola empresa.

3.4. Complemento de posto de traballo.

Para 2000 os actuais complementos de posto de traballo incrementaranse nun 3%.

Existen unhas táboas de posto de traballo para a fábrica de Cee e outras para a fábrica de Dumbría e responderán á finalidade de que á igualdade de posto de traballo e categoría profesional lles corresponda o mesmo importe.

O persoal que traballe oito meses continuados nun mesmo posto de traballo e por necesidades de producción se lle cambie de posto, terá dereito a percibilo durante os catro meses seguintes.

O persoal de nova incorporación percibirá por complemento de traballo a cantidade establecida para o centro de Cee, indistintamente que traballe nun centro ou no outro.

3.5. Complemento nocturno.

A tódolos traballadores con dereito a percibi-lo complemento de nocturnidade, satisfaráselle por este concepto o 25% do seu salario base.

3.6. Complemento de quenda rotativa.

Queda establecido para 2000 un complemento de quenda rotativa de 15.400 ptas. mensuais para o persoal que traballe a quendas. Este complemento cobrarano todos aqueles que non franqueen sábados ou domingos e os correquendas.

O persoal que traballe ó ano 9 meses como mínimo a quendas terá dereito a cobrar este complemento os tres meses restantes.

3.7. Complemento de xefe de equipo.

Aboaranse por este concepto en 2000 as seguintes cantidades:

-Oficial 1ª: 23.120 ptas. mensuais.

-Oficial 2ª: 22.801 ptas. mensuais.

-Oficial 3ª: 22.436 ptas. mensuais.

-Especialista: 22.348 ptas. mensuais.

3.8. Complemento festivo.

Os traballadores con xornada continuada de oito horas, cando lles coincida traballar en festivo, percibirán por este concepto o equivalente a oito horas extras.

3.9. Pagas extraordinarias.

Aboaranse anualmente dúas gratificacións extraordinarias que se farán efectivas nos meses de xullo e decembro.

Consistirán no aboamento de trinta días de salario base e o complemento de antigüidade, se é o caso.

Ratearanse en proporción ó tempo traballado por semestres naturais do ano en que se outorguen.

3.10. Horas extraordinarias.

Entenderase por horas estructurais as necesarias por ausencias imprevistas, cambios de quenda derivados da natureza do traballo de que se trate e avarías que afecten ó funcionamento normal en: subministración de enerxía, materias primas, unidades e saída de productos.

Entenderase por horas extras de forza maior as derivadas pola necesidade de reparar sinistros, reparación de liñas eléctricas ou outros danos extraordinarios e urxentes que poidan afectar gravemente o funcionamento das instalacións.

En caso de que o 40% do cómputo anual de horas extraordinarias fose superior á xornada anual establecida, contratarase un traballador fixo de cadro por xornada normal superada.

3.11. Retribucións varias: cubilotes, chamadas.

Cubilotes: o persoal dedicado á preparación de cubilotes, percibirá por cada un a cantidade de 2.141 ptas. no 2000.

* Chamadas, cambios de quenda, comidas, vacacións.

-Persoal que traballa normalmente a quendas:

1. Cambio dunha quenda a outra ou substitucións temporais, tales como vacacións, baixas, etc.

Dun a tres días: unha chamada.

Máis de tres días: dúas chamadas. Unha cando cambia e outra ó volver á súa xornada.

2. Ó traballador que se lle cambie a quenda por circunstancias especiais, conmenos de doce horas de descanso, tendo feita a quenda completa anterior, daráselle a equivalencia a tres chamadas.

3. Cando por causa de forza maior haxa unha parada no forno non programada e o persoal teña que ir de vacacións e non se lle poida avisar con máis dunha semana de antelación, pagaráselle unha chamada ó ir e outra ó volver. De coincidir en verán, a bolsa de vacacións correspondente a eses días será a de complemento de vacacións.

4. Se en seis días consecutivos se cambia máis de dúas veces de garda, cobraranse cinco chamadas, independentemente das que lle correspondan polos cambios.

-Persoal que traballa normalmente en xornada partida:

1. Cambio a quendas por avarías, reparacións, ect.

a) Se o cambio é dun a tres días: unha chamada.

b) Se o cambio é por máis de tres días: substitúese a chamada por 1.009 ptas. por día de cambio no 2000.

c) Os equipos de mantemento ó volveren á súa xornada normal, os que teñan que saír ás seis da mañá, faranno ás catro da mañá e volverán ás dúas da tarde para facer media xornada.

2. Ó persoal de báscula aboaránselle 1.009 ptas. día de cambio no 2000.

* Chamadas por realización de horas extras:

1. Cando o traballo non é continuado.

a) En tódolos casos pagarase unha chamada e as horas extras realizadas.

b) Se se chama e acaba o traballo antes das dúas da mañá, ten que vir á súa xornada normal o día seguinte. Se non hai 12 horas de descanso pagaranse tres chamadas.

c) Se se chama entre as doce da noite e as seis da mañá, descansará a xornada completa do día seguinte, se fai máis de cinco horas. En caso de que o día seguinte fose sábado ou festivo pagaránselle tres chamadas, sempre que faga seis horas extras ou máis. Se fai menos de cinco horas, descansará media xornada.

d) Se se chama despois das seis da mañá, terá que face-la xornada completa do día seguinte.

2. Cando o traballo é continuado.

a) Cando pase de tres horas, pagarase media chamada.

b) Traballadores de xornada partida que teñan que continuar facendo horas extras ata despois das doce da noite, decansarán a mañá do día seguinte. No caso de que pase das dúas da mañá, descansarán o día seguinte completo.

c) Horas de comida: daráselle a comida, se pasa das dúas, e unha hora extra.

d) Tarde: se vai continuar traballando ata as dez da noite, daráselle bocadillo e bebida refrescante. En caso de pasar das dez da noite, daráselle a cea.

3. Persoal en vacacións.

O persoal que estea desfrutando vacacións e por causa de forza maior, sexa chamado a realizar horas extras, recibirá unha chamada por cada hora extra realizada, cun máximo de oito.

-Cambio de hora oficial:

O persoal a quendas que lle coincida en traballo, a noite de cambio de horario e por este motivo a súa garda sexa de nove horas, percibirá media chamada.

-Cambios de fábrica:

Cambio de fábrica de Dumbría á fábrica de Cee. Estudiarase en cada caso.

-Persoal de xornada partida:

Por cada hora extra realizada os día 15 e 16 de agosto, darase unha chamada, cun máximo de oito.

-Persoal a quendas:

Ó persoal que sexa chamado para facer horas extras, en días francos, que coincida cos festivos do 15 e 16 de agosto, daráselle unha chamada por cada hora realizada, cun máximo de oito.

Aboarase por cada chamada a cantidade de 1.727 ptas. no 2000.

3.12. Complemento de condicións especiais.

Este complemento incluirá: complemento voluntario, complemento distancia e os casos excepcionais de complemento Dumbría.

Este complemento manterá os mesmos aumentos có convenio, non sendo absorbible mentres persistan as mesmas condicións.

3.13. Revisión salarial.

Durante o ano 2000 garántese unha suba salarial consolidable do 3% en tódolos conceptos retributivos. No 2001 e 2002 garántese unha suba salarial consolidable do IPC real do ano máis un 1%.

Se no ano 2000 o IPC real supera o 2,5%, o exceso ata un máximo de 0,5% será consolidado a partir do 1-1-2001. Para o 2001 e 2002 unha vez coñecido o IPC real do ano, farase unha revisión salarial de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a suba xa efectuada, con carácter retroactivo a xaneiro de 2001-2002 e aboarase nunha soa paga.

Capítulo IV

Fondo de pensións

4.1. Fondo de pensións.

O compromiso que asume Ferroatlántica, S.L. co colectivo de traballadores e o plan de pensións de Ferroatlántica, S.L. de achega definida, acollido á Lei 8/1987.

Ós empregados con menos de dous anos de antigüidade aseguraráselles, no caso de invalidez permanente total ou absoluta e falecemento, un capital asegurado equivalente a unha anualidade e media de salario regulador vixente na mesma data que estableza a comisión de control para o colectivo de partícipes. Para tal efecto, a empresa contratará unha póliza de seguros, sendo o custo da prima correspondente a cargo da empresa.

Capítulo V

Acción social

5.1 Invalidez provisional ou incapacidade temporal.

O traballador afecto de invalidez provisional ou incapacidade temporal despois dos 18 meses e mentres permaneza en tal situación, percibirá un complemento que se calculará por aplicación das seguintes porcentaxes, sobre a base reguladora de cada traballador en función dos anos de servicio na empresa.

Con menos de 12 anos completos de servicio: 25%.

Con 12 anos completos ou máis, ata 21 anos comletos de servicio: 40%.

Con 22 anos completos ou máis, ata 31 anos completos de servicio: 50%.

Con máis de 31 anos completos de servicio: 55%.

A base reguladora será, para cada traballador, a diferencia entre o salario bruto percibido nos doce meses anteriores á data da invalidez, por xornada normla de traballo, e o importe da prestación que lle corresponda percibir da Seguridade Social.

En ningún caso o complemento da empresa poderá supera-lo 25% da prestación que lle corresponda da Seguridade Social. Exceptuando, para asegura-lo 60% do salario bruto percibido polo traballador nos doce meses anteriores á data da invalidez.

Durante a incapacidade temporal a empresa seguirá achegando polo traballador ó fondo de pensións, tal como marca o regulamento do plan de pensións de Ferroatlántica, S.L., utilizándose como salario regulador o mesmo que tería o traballador en activo.

5.2. Persoal con capacidade diminuída.

O persoal ó que lle sexa recoñecida, ben polo organismo competente ou polo servicio médico de empresa, unha diminución da súa capacidade para o desenvolvemento do seu traballo habitual, a empresa destinarao a un posto de traballo acorde coa súa capacidade.

5.3. Complemento por baixa: accidente ou enfermidade.

A todo o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en decembro de 1992 que cause baixa por accidente ou enfermidade, a empresa complementará ata o 100% do seu salario habitual cun máximo de 18 meses.

Todo o persoal dado de alta con posterioridade a decembro de 1992, percibirá, en caso de enfermidade, o 90% dos conceptos fixos (salario base e complemento traballo), salvo hospitalización ou accidente laboral no que cobrará o 100% dos ditos conceptos.

Para percibi-lo complemento de accidente será necesario o informe do comité de seguridade e saúde sobre o dito accidente, en materia de utilización de pezas de roupa de seguridade e condicións en que se produciu.

Sen que estea no ánimo da empresa restrinxi-lo pagamento do complemento de enfermidade e si perseguir ata onde sexa posible a fraude, este complemento perderase cando se produzan algunhas das seguintes circunstancias:

1. Non ter á empresa puntualmente informada dos partes de baixa, alta e os semanais de conformación, que salvo casos especiais, deberán ser entregados persoalmente.

2. Non presentarse de maneira inxustificada ós controis, tanto no domicilio como na sala de primeiros auxilios, que o servicio médico solicite realizar para segui-la evoluación da enfermidade.

3. Desatende-las prescricións médicas e tratamentos durante o período de baixa, incluídas as recomendacións do médico de empresa.

4. Cando dos controis e inspeccións realizadas, das que previamente será informado o comité de empresa, resulte demostrado de maneira evidente e non só a criterio médico que o traballador non se encontra impedido para o cumprimento dos deberes laborais.

5. No caso de discrepancia entre os distintos informes médicos, con relación á continuidade da baixa, resolverá a Inspección Médica da Seguridade Social e se do dictame desta se desprendese que a baixa era improcedente, perderase o complemento desde o momento en que se iniciou o trámite de inspección.

5.4. Premio de nupcialidade.

O persoal percibirá no 2000 a cantidade de 59.000 ptas. no caso de atoparse en activo e ter unha antigüidade mínima dun ano.

De non alcanza-la dita antigüidade o premio quedará reducido a 29.500 ptas.

5.5. Premio de natalidade.

Establécese un premio de 37.415 ptas. no 2000 con motivo do nacemento de cada fillo.

5.6. Premio de vinculación.

Establécese un premio de vinculación á empresa en función dos anos de servicio prestados a ela, de acordo coa seguinte escala:

Escala 1: ós 20 anos de servicio continuado, unha mensualidade de salario real (salario base, antigüidade, posto de traballo, complemento voluntario e complemento de compensación).

Escala 2: ós 29 anos de servicio continuado, dúas mensualidades e media de salario real.

En caso de xubilación cobrarán este premio aqueles traballadores que no momento de xubilarse teñan 28 ou máis anos anos de servicio continuado, se non o cobrasen.

5.7. Premio de xubilación.

Ó xubilarse ou pasar á invalidez permanente o traballador percibirá no ano 2000 unha cantidade resultante de computar 13.385 ptas. por ano de ser

vico activo e continuado na empresa, suxeita á condición de que a dita xubilación se realice ó cumpri-los 65 anos de idade ou antes desa idade; ou de ser superior, o seguinte premio: unha mensualidade por cada quinquenio ata un máximo de cinco.

5.8. Axudas especiais.

Os traballadores en activo ou pasivo que teñan ó seu cargo fillos calquera que sexa a natureza legal da afiliación, ou outros descendentes ou irmáns seus ou do seu cónxuxe que teñan a condición de diminuído físico ou psíquico, imposibilitados para o traballo, no 2000 percibirán 26.947 ptas. mensuais por cada causante, máis 18.477 ptas. no caso de estar escolarizado.

Entenderase por minusvalidez física a imposibilidade de valerse por si mesmo para a realización das funcións elementais da vida.

Considerarase a existencia de minusvalidez psíquica cando esa fora declarada e recoñecida pola Seguridade Social.

Aboaranse en ámbolos casos, aínda percibindo a subvención legal que estea establecida.

Pola contra, non se procederá ó aboamento cando se perciba pensión da Seguridade Social.

Esta axuda especial, só a percibirá o persoal dado de alta en Ferroatlántica, S.L. en decembro de 1992.

5.9. Lote de Nadal.

Establécese unha achega da empresa por este concepto de 15.000 ptas. por cada traballador, xubilados, viúvas e persoal en longa enfermidade, percibindo só o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en decembro de 1992.

O comité de empresa será o competente na súa confección e distribución. O IVE será a cargo da empresa.

5.10. Axuda material escolar.

Establécese o seguinte sistema de axuda de material escolar para o curso 1999 e 2000.

-Xardín de infancia (desde 2 a 4 anos cumpridos no ano natural da súa concesión).

-Preescolar e 1º de EXB: 16.166 ptas./ano.

-De 2º a 8º de EXB, BUP, COU, FP, e ESO: 18.478 ptas./ano.

-Estudios medios: 76.989 ptas./ano.

-Estudios superiores: 115.485 ptas./ano.

En FP sempre que non exista na comarca a rama que se desexe estudiar e teña que desprazarse, considérase a axuda como de estudios medios. Igualmente, terán dereito os traballadores que a título individual realicen estudios relacionados co seu labor na empresa.

Para EXB, BUP, COU, FP e ESO, permitirase unha soa repetición por curso.

Os traballadores que cursen estudios de EXB (1º a 8º), BUP, COU, FP, escolas oficiais de idiomas, artes aplicadas e estudios de grao medio e superior, percibirán por cada curso 23.098 ptas./ano, logo de presentación do certificado de matrícula.

Se un traballador iniciara uns estudios determinados e desistira deles para iniciar outro tipo de estudios, sen ter rematado os primeiros, só poderá solicitar axuda para estes novos estudios despois de transcorrer un ano desde a concesión da axuda anterior.

No caso de xubilados, persoal en longa enfermidade e viúvas de traballadores que faleceron en activo ou en longa enfermidade, os seus fillos, teñen dereito á dita axuda, na mesma contía cós fillos de traballadores en activo.

Esta axuda soamente a percibirá o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en decembro de 1992.

5.11. Indemnización por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, xa sexa por causas naturais ou accidente dentro ou fóra das súas horas de traballo, os seus habentes-dereito percibirán no 2000 a cantidade de 2.151.872 ptas., máis 537.968 ptas. por cada fillo que estea ó seu cargo.

Os traballadores poderán designar por escrito o beneficiario da dita cantidade. No caso de non facelo, a indemnización entregaráselles ós seus habentes-dereito.

Para os traballadores que pasen á situación de invalidez, esta cobertura manteráselle durante os períodos seguintes:

a) Traballadores a partir de 55 anos ata 60 anos, ou como mínimo, durante o primeiro ano de invalidez.

b) Traballadores menores de 55 anos: terán dereito a esta cobertura durante o primeiro ano de pasar á situación de invalidez.

5.12. Privación de liberdade.

Todo o persoal que sufra privación de liberdade que lle impida acudir a xustifica-la súa ausencia ó traballo por un período máximo de dez días, conservará tódolos dereitos que desfrutaba antes da súa privación de liberdade.

Mentres se atope en tal situación considerarase en situación de premiso non retribuído, sendo admitido automaticamente á petición do traballador.

5.13. Subvención ó comité.

Establécese no 2000 a cantidade de 2.831.336 ptas. anuais que se farán efectivas no 1º semestre e serán utulizadas en casos sociais, gastos do comité e tamén para incrementa-los paquetes de Nadal.

Capítulo VI

Saúde laboral

6.1. Servicio de prevención.

A empresa conta cun servicio de prevención propio. Os servicios sanitarios estarán cubertos polo

médico de empresa, dous ATS (un para a fábrica de Cee e outro para a fábrica de Dumbría) e unha ambulancia).

6.2. Comité de seguridade e saúde.

O comité de seguridade e saúde das fábricas de Cee-Dumbría, estará composto por seis membros, tres deles elixidos pola dirección e tres elixidos polo comité de empresa.

Será función do dito comité promove-la observancia das disposcións en materia de saúde laboral no traballo, así como estudiar e propoñe medidas que estime oportunas para a prevención de riscos profesionais e cantas sexan convintes para a debida protección da vía e sáude dos traballadores.

Os membros do comité disporán, para o exercicio das súas funcións, de 10 horas mensuais dentro da xornada laboral.

A empresa cada dous anos por mediación do organismos competente do Ministerio de Traballo, instará ó recoñecemento ambiental por áreas ou zonas de traballo, coa presencia de dous membros do comité elixidos polos traballadores. Se no dito recoñecemento se detectasen niveis non aceptables, a empresa fixará un prazo para a súa eliminación e informará ó comité de seguridade e saúde do curso dos traballos de corrección que se efectúen.

A empresa informará ó comite de seguridade e saúde dos casos que se poidan presentar dos traballadores afectados por enfermidades profesionais, procedendo a investiga-las causas que as motivaron, para a súa oportuna corrección, así como a destina-lo traballador afectado a outro posto de traballo acorde coa súa categoría profesional e condición física.

A empresa para o ano 2000 pon á disposición do comité de seguridade e saúde a cantidade de 2.151.871 ptas. para subsidia-las necesidades en materia de saúde laboral non previstas no orzamento xeral e postas de manifesto polo comité. Para a utilización da dita cantidade será dabondo a conformidade de tres membros do comité de saúde laboral, que un deles, como mínimo, terá que ser dos elixidos polo comité de empresa.

Capítulo VII

Outras disposicións

7.1. Cobro de salario.

Os traballadores que perciban as súas retribucións por talón ou transferencia bancaria, ós que o seu horario e/ou proximidade entre o centro de traballo e a entidade bancaria pola que se efectúa o pagamento, non lles permita percibi-lo seu salario fóra da súa xornada laboral, disporán de media hora, que será fixada entre os tres primeiros días en que a transferencia estea á disposición do traballador, logo de solicitude ó seu xefe de departamento.

7.2. Asembleas e información.

Os traballadores terán dereito a convocar por parte do comité de empresa ou polo menos un 25% do cadro de persoal cantas asembleas crean conveniente, as cales se celebrarán dentro do respectivo centro de traballo.

Estas asembleas estarán presididas polo comité de empresa de forma colexiada a elas poderán asistir unicamente os integrantes do cadro de persoal da empresa.

Estas asembleas poderán celebrarse en horas de traballo cun máximo de 6 horas anuais.

Os membros do comité de empresa poderán, con cargo ó crédito de horas mensuais retribuídas, dar información ou atender calquera consulta de temas laborais.

O persoal que deba consultar cos seus representantes disporá, en horas de traballo e sen ningunha mingua das súas percepción, dun tempo prudencial para realiza-la consulta, notificando a ausencia momentánea do seu posto de traballo.

7.3. Vacantes de persoal.

Das vacantes de persoal darase preferencia ós traballadores que foran eventuais na empresa, de acordo co tempo que traballaron e polos fillos de traballadores en activo, xubilados ou falecidos.

Na vixencia do convenio elaborarase un regulamento para establecer estas preferenicas e formas de contratación.

De tódolos contratos que se realicen o comité terá información previa.

7.4. Cota sindical.

Cando se solicite, a requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato, o desconto da súa cota sindical a través de nómina, a dirección deste centro de traballo poñerá as máximas facilidades para a súa recadación ata que non reciba comunicación en contra por parte de calquera dos traballadores ós que se lles efectúe esta retención.

7.5. Comedor social.

Ferroatlántica, S.L. mantén un comedor social que é para uso dos seus traballadores, participando a empresa nos gastos de comida nun 80%, sendo o 20% restante a cargo do traballador.

7.6. Axudas de custo.

O persoal que por conta da empresa deba efectuar desprazamentos, percibirá no 2000 en concepto de axudas de custo a cantidade de 3.617 ptas. por día de traballo, cando sexa necesario pernoitar fóra do lugar de residencia e 1.878 ptas. no caso contrario, ambos supostos independentemente do aboamento pola empresa dos gastos de locomoción, aloxamento e mantenza.

Cando se dera a circunstancia de que nos períodos de desprazamento ou estadía se incluíse algún festivo, as cantidades incrementaranse nun 100% para estes días festivos.

Quedan excluídos aqueles empregados que o seu posto de traballo implique desprazamentos periódicos para os cales seguirá en vigor o réxime actual de gastos suplidos e aqueles traballadores que efectuén os desprazamentos dentro da xornada normla de traballo.

7.7. Contratos.

Dadas as características específicas do sector de ferroaliaxes, e con fin de facilitar novas contratacións, os contratos de traballo de duración determinada, poderán ampliarse tal como prevé o R.D. 2720/1998, ou disposcións legais substitutorias.

7.8. Seguro do carté de conducir.

Os traballadores que utilicen no seu traballo vehículos propiedade da empresa, terán un seguro por retirada do carné de conducir, sempre que non sexa por causas penais.

Ano 2000

CategoríaSalario base

Director239.987

Enxeñeiros/licenciados211.508

Peritos e asimilados204.559

Xefe taller189.930

Mestre taller178.013

Xefe 1ª Admón.194.756

Xefe 2ª Admón.184.954

Contramestre178.014

Oficial 1ª Admón.176.199

Encargado169.753

Delineante176.198

Capataz especialista164.841

Almaceneiro161.693

Analista 1ª Lab.176.199

Oficial 1ª167.094

Oficial 2ª Admón.169.753

Analista 2ª Lab.169.753

Chofer camión166.267

Chofer turismo164.697

Oficial 2ª164.794

Aux. Admón.163.219

Aux. laboratorio163.219

Oficial 3ª162.149

Vixilante159.442

Especialista161.520

Postos de traballo 2000

CategoríaCeeDumbría

Almacén11.58726.935

Almaceneiro12.437

Analista 1ª52.883

Analista 2ª39.949

Aux. Admón.11.58726.935

Aux. laboratorio11.58726.935

Aux. boca25.67041.018

Postos de traballo 2000

CategoríaCeeDumbría

Boca26.90142.249

Briquetas18.135

Capataz enerxía50.410

Capataz fornos58.41973.767

Capataz peirao20.146

Capataz Prod. Term.34.89250.240

Centrais H.12.822

Centrais mantemento24.792

Contramestre58.41873.766

Contramestre enerxía50.410

Cubilotes24.79240.140

Chofer12.82228.170

Chofer camión e guindastre11.58726.935

Chofer turismo14.80230.150

Delineante 1ª39.163

Dosificación21.87637.224

Arrefriadeiro20.83036.178

Especialista canteiro23.49038.838

Guindastre pórtico23.490

Gardián11.58726.935

Xefe briquetas19.080

Xefe pasta30.105

Machacadora26.90142.249

Maqu. dango32.80048.148

Montaxe20.83036.178

Peirao23.774

Oficial 1ª Admón.29.040

Oficial 2ª Admón.24.45039.798

Oficial canteiros32.10047.448

Oficial mantemento32.80048.148

Conductor de pa15.93231.280

Pasta19.080

Pte. guindastre colador26.90142.249

Pte. guindastre Mat. primas21.87637.224

Pupitre21.87637.224

Subestación18.893

Troceado11.587