Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.723

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 134/2000, do 19 de maio, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, á Comunidade Autónoma de Galicia dun predio, sito na parroquia de Tenorio, termo municipal de Cotobade (Pontevedra), para a construcción dun centro de ESO.

O Pleno da Corporación municipal do Concello de Cotobade, reunido en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 30 de decembro de 1999, acordou cederlle á Comunidade Autónoma de Galicia un terreo, situado na parroquia de Tenorio, no termo municipal de Cotobade (Pontevedra), para a construcción dun centro de ESO.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura

e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma Lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; aínda que non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Cotobade acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de maio de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun predio sito na parroquia de Tenorio, no termo municipal de Cotobade (Pontevedra), que a seguir se describe:

Rústico: o que chaman Monte de Tenorio, sito no Monte de Picadas, na parroquia de Tenorio, no termo municipal de Cotobade (Pontevedra).

Superficie: setenta e dúas áreas.

Lindes: norte, sur e oeste resto do predio matriz, isto é, monte veciñal en man común da parroquia de Tenorio; leste, predios de Benita Fontenla Turiño, de María de la Iglesia García e de Manuel Ozón Pazos, María Manuela Rosa Ozón Pazos, Benito José Ozón Godoy e María del Carmen Ozón Godoy (na actualidade, monte veciñal en man común da parroquia de Tenorio e terreos do Concello de Cotobade de acceso á parcela).

Inscrito a favor do Concello de Cotobade, que foi adquirido mediante cesión feita pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Tenorio a favor do dito concello, no folio 196, do libro 67, inscrición 1ª do predio nº 7.307.

Artigo 2º

O terreo cedido destinarase á construcción dun centro de ESO.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, dezanove de maio de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda