Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato de Médicos de Galicia (Simega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato de Médicos de Galicia (Simega), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical tódolos profesionais licenciados en medicina e cirurxía e os facultativos titulados superiores que exercen no ámbito sanitario.

Asinan a acta de constitución: Cándido Andión Núñez e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais