Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Autónomos y Profesionales de la Localidad de Tui.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e

Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos y Profesionales de la Localidad de Tui, que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: empresas integradas en tódolos gremios, oficios, profesións libres, actividades artísticas, agrícolas, gandeiras, pesqueiras e tódalas que realicen un traballo por conta propia ou exerzan a súa actividade no ámbito territorial de Tui.

Asinan a acta de constitución: José Ramón Rey Vilar e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 9 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra