Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria do Sindicato Regional Fasga Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 26 de abril de 2000 a acta da reunión do 10 de abril polo Consello Rexional Fasga Galicia, onde se recolle que o Comité Executivo Rexional, por unanimidade, acorda o traslado do domicilio social da devandita organización sindical á rúa Posse nº 28, entreplanta, A Coruña.

Asinan a referida acta do Consello Rexional Fasga Galicia, Manuel Santiso Vázquez e doce persoas máis.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais