Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/20-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Concello de Castro Caldelas.

Domicilio social: Concello, 1, 32000 Castro Caldelas.

Denominación: L.M.T., C.T. para estación depuradora de augas residuais.

Situación: Castro Caldelas.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 37 m derivada desde a liña Castro Caldelas-Abeleda, propiedade de Eléctrica de Castro Caldelas, S.L., e remata no C.T. proxectado aéreo no P.K. 1.050 da estrada OR-601, con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de marzo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense