Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de maio de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada V-1999/0255 relativo ó expediente de vivenda rural O-VR-0582/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e últimos domicilios coñecidos en Chaguazoso-Vilariño de Conso-Ourense, resolución do recurso de alzada número V-1999/0255, interposto por Aurora Macía Basteiro, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Ourense, do 22 de xuño de 1999, pola que acorda denega-la aprobación definitiva do expediente O-VR-0582/1998 para a rehabilitación da vivenda rural situada en Chaguazoso-Vilariño de Conso-Ourense; da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso de alzada número V-1999/0255 interposto por Aurora Macía Basteiro

contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Ourense, do 22 de xuño de 1999, pola que acorda denega-la aprobación definitiva do expediente O-VR-0582/1998 para a rehabilitación da vivenda rural situada en Chaguazoso-Vilariño de Conso-Ourense; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, de conformidade co artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 8 de maio de 2000.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda