Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 202/2000).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Materiales del Atlántico, S.A., con enderezo social para efectos de notificación no polígono industrial das Lagoas-Narón (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Tres grupos motor-alternados de 2.619 kVA de potencia eléctrica cada un e tensión de xeración 380 V, alimentados a gas natural.

-Tres transformadores de 3.000 kVA cada un e relación de transformación 20 kW/400 V.

-Instalacións de combustible, aproveitamento térmico, interconexión, protección, mando, sinalización e medida.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría de secado e molduración de materiais hidraulica

mente activos, que se situará no polígono industrial das Lagoas-Narón (A Coruña).

Orzamento: 292.845.741 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña.

A Coruña, 31 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña