Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.696

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/002, de catedrático de universidade convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que xulgarán os concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que xulgará o concurso de méritos convocado por Resolución do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade

da Coruña, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 9 de maio de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: dereito romano.

Praza: 00/002.

Comisión titular:

Presidente: Fernández Barreiro, Alejandrino, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Rodríguez Ennes, Luis, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Heras Sánchez, Gustavo Raúl de las, catedrático de universidade. Universidade de Castelán-Manchega.

Daza Martínez, Cipriano Jesús, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Paricio Serrano, Francisco Javier, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Camacho Evangelista, Fermín, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Secretario: Fernández de Buján y Fernández, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocais:

Gómez Royo, Enrique, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Rascón García, César, catedrático de universidade. Universidade de León.

Giménez Candela, Teresa, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.