Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.696

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 6 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), pola que se resolve a non-provisión da praza 98/070 de catedrático de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación.

Advertidos erros na resolución desta universidade do 6 de abril de 2000 (DOG do 28 de abril), pola

que se resolve a non-provisión da praza 98/070, de catedrático de universidade, área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de computación, este rectorado, ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

-Debe engadirse o seguinte parágrafo:

«Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdicción, ou potestativamente recurso de reposición ante o rector no prazo dun mes, contados ámbolos dous a partir do día seguinte ó da notificación ou publicación, sen prexuízo de poder interpoñer calquera outro recurso que legalmente proceda».

A Coruña, 8 de maio de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña