Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.697

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2000 pola que se aproba a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares de servicios, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas por Resolución do 25 de febreiro de 2000.

Por resolución do rectorado desta universidade do 25 de febreiro de 2000 (DOG do 23 de marzo), convocáronse probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares de servicios, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido no artigo 12 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), polo que se aproba o Regulamento de selec

ción de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 20 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), este rectorado

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, ás citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa, Campus As Lagoas s/n, Ourense), Pontevedra (EUET Forestal, Campus A Xunqueira s/n, Pontevedra) e Lagoas Marcosende (CACTI, Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo).

Segundo.-De conformidade coa base 4.1º da Resolución do 25 de febreiro de 2000, os aspirantes excluídos e os omitidos, por non figurar na lista de admitidos nin na de excluídos, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, quedarán definitivamente excluídos da realización das probas.

Vigo, 12 de maio de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo