Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo para o persoal da cafetería de persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (actual empresa concesionaria Serunión, S.A.).

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo para o persoal da cafetería de persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (actual empresa concesionaria Serunión, S.A.) (código 1502322) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-4-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o día 9-3-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto de traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de abril de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal de cafetería de

persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo

Táboa salarial do ano 2000

Asistentes:

Pola parte empresarial: Roberto Casal Ferreira.

Pola parte social:

José Manuel Álvarez Rodríguez.

José Ramón Grela (asesor-CC.OO.).

Na Coruña o 9 de marzo de 2000, ás 12 horas, nos locais da empresa, reúnense, dunha parte, a representación empresarial de Serunión, S.A., concesionaria da cafetería de persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, e doutra, a representación

social indicada. Os reunidos constatan os seguintes extremos:

Primeiro.-Establece o artigo 5 do convenio colectivo do persoal da cafetería de persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo que ó cumpri-la data do seu vencemento, o convenio prorrógase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes contratantes cun mes, como mínimo, de antelación á data de expiración. De se prorrogar pola tácita, tódolos conceptos económicos incrementaranse no IPC (índice de prezos ó consumo) establecido polo INE (Instituto Nacional de Estatística).

Segundo.-Ó non facer uso antes de decembro de 1999 (nin a parte empresarial nin a social) da denuncia prevista no artigo 5º este convenio débese prorrogar pola tácita, e tódolos conceptos económicos incrementaranse no IPC establecido polo INE.

Terceiro.-Que o IPC constatado e publicado polo INE polo período comprendido desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999 é do 2,9%.

Cuarto.-Que as táboas sobre as que hai que aplica-lo incremento do 2,9% son as de 1999 (anexo I), as cales se atopan publicadas no BOP nº 94, do 27-4-1999.

En relación con todo o anterior, as partes acordan:

I. Incrementa-las táboas salariais de 1999 cun 2,9%. Estas táboas son as que figuran no anexo I desta acta.

II. Este incremento aplicarase desde o 1 de xaneiro de 2000. Os atrasos aboaranse antes de rematar marzo de 2000.

III. Acórdase que ós traballadores coa categoría de axudante camareiro, na nómina de xaneiro, se lles recoñecerá a categoría de camareiro.

IV. Autorizar a José Ramón Grela para que proceda a presenta-la acta e o anexo ante a autoridade laboral para proceder ós trámites de rexistro, depósito e publicación.

Sen máis asuntos que tratar, asínase con conformidade esta acta no lugar e data no encabezamento expresados.

ANEXO I

Táboa salarial 2000

Categorías

Salario base

mensual

Compl.

cantidade

de traballo

mensual

Compl.

transporte

mensual

Total

mensual

Total

anual

Xerente129.97611.1996.720147.8952.164.668

Oficial adm.111.23911.1996.720129.1581.883.613

Encargado111.23911.1996.720129.1581.883.613

Cociñeiro111.23911.1996.720129.1581.883.613

Camareiro111.23911.1996.720129.1581.883.613

Aux. caixa111.23911.1996.720129.1581.883.613

Axudante107.23711.1996.720125.1561.823.583

Fregadora107.23711.1996.720125.1561.823.583