Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.594

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xuño de 2000 pola que se dispón que o director xeral de Centros e Inspección Educativa se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular dese centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita unidade administrativa.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei autonómica 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección

Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, que figuran no Decreto 213/1998, do 10 de xullo, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas, temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular, ó director xeral de Centros e Inspección Educativa.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria