Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.594

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 132/2000, do 2 de xuño, polo que se dispón que cese José-Luis Mira Lema como director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei autonómica 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xuño de dous mil,

DISPOÑO:

Que cese, por cambio de destino, José-Luis Mira Lema como director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, agracéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria